jueves, 17 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2020

 Xa escribiches a túa carta aos Reis? Non olvides pedir un bo libro.

O equipo de Biblioteca recoméndache algún título.

Bo Nadal!!


RECOMENDACIóNS lectoras de Pili

BAIA RADIO

Este último programa do ano está adicado ao Nadal. 

Repasaremos as expresións máis usadas nestas datas.

Asemade, recordarvos que volveremos no 2021 con novos programas.

BO NADAL. FELIZ NAVIDAD. BON NADAL. EGUBERRI ON.


viernes, 27 de noviembre de 2020

BAIA RADIO

 A continuación podes escoitar un novo programa da Baia Radio adicado, esta vez, á CIENCIA.


domingo, 22 de noviembre de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.


Como xa saberedes, novembro é o mes da ciencia. Este ano, no que todos estamos moi atentos á chegada da vacina da Covid-19, desde a biblioteca do cole animámosvos a coñecer a historia doutra vacina que conseguiu erradicar a varíola, unha enfermidade mortal.

Sabes que a orixe da palabra vacina ten que ver moito coa súa historia?

O cirurxián inglés Edward Jenner vacinou ao fillo do seu xardineiro con mostras de pústula dunha leiteira que se infectou co virus da varíola dunha vaca. Aínda que moi similar á humana, esta variante era moito máis suave. Jenner quixo comprobar con este experimento se era certa a crenza segundo a cal as granxeiras que pasaran as benignas vexigas bovinas quedaban protexidas da maligna. En efecto, o neno quedou inmune. Estaba vacinado!

Agora xa sabedes que o termo vacina proven da palabra latina vacca.

Pero esta historia é aínda máis extraordinaria do que imaxinas.

Un médico español, Francisco Javier Balmis Berenguer realizou a primeira misión humanitaria da historia entre 1803 e 1806 levando a vacina de Jenner ata América e Asia. 

Non vos parece sorprendente?

Debedes saber, que como non podía manter axeitadamente a vacina durante a viaxe, decidiu levar 22 nenos e nenas da casa de orfos da Coruña, para ser inoculados sucesivamente no transcurso da navegación.

Hoxe en día non usariamos persoas para tal fin, pero nesa época este feito supuxo un avance médico moi importante e salvoulle a vida a moitísima xente.
Se che interesa a historia deste descubrimento anímate a entrar nos enlaces que seguen a continuación.






viernes, 30 de octubre de 2020

SAMAÍN. DÍGOCHO EU!

A partires de hoxe, comezaremos a emisión, a través da Baia Radio, dun programa mensual chamado 
"DÍGOCHO EU"
Esperamos que vos guste e sexa do voso agrado. Poderase desfrutar del a través da web do centro e do blog da Biblioteca.
Co gallo da celebración do Samaín, gravamos un programa adicado a esta conmemoración:
"Dígocho eu. Especial Samaín"
Asemade, durante os vindeiros días, compartiremos con vós outras actividades que estamos realizando para celebrar estas datas no colexio.


Agora, atreveste a poner a proba os teus coñecementos da nosa lingua?


domingo, 25 de octubre de 2020

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS




Como cada ano, nestas datas, a Baiabiblio realizará a formación de usuarios, dando a coñecer os nosos fondos, a forma de acceder a eles, as normas de biblioteca... que podes atopar na seguinte presentación.
A continuación, podes comprobar o que aprendiches co reto que che propoñemos.


lunes, 20 de abril de 2020

XORNAL O PAPAGAIO

Este mes, o número do xornal O PAPAGAIO teremos que lelo nos nosos fogares.
Agardamos volver pronto!


O PAPAGAIO


DÍA DO LIBRO




Díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.