A tarde do mércores, 16 de decembro, tivemos a sorte de contar cunha contacontos especial: Esther, a mamá de Mencía e Diego. Contounos unha bonita historia do Apalpador e para elo utilizou un kamishibai, que, como nos conta a profe Susana na presentación é una especie de teatriño orixinario de Xapón.
O kamishibai que empregou Esther prestáronnolo os compañeiros do colexio de Escarabote, pero tanto nos gustou, que a nosa mascota Zampalibros escribiulle unha carta ao Apalpador pedíndolle un para a Baiabiblio. A ver se temos sorte!!
As láminas da historia foron elaboradas polo equipo de biblioteca e o alumnado colaborador da biblioteca do CPI Luís Díaz Moreno de Baralla (Lugo). Moitas grazas, compañeir@s!!
Aquí está o video da actividade.
Despois do conto a profe Carmela animounos a cantar e bailar unha canción do Apalpador.
E para rematar a tarde coloreamos uns marcapáxinas do Apalpador que nos debuxou Carlos, de 5ºC. Grazas, Carlos!
domingo, 27 de diciembre de 2015
domingo, 13 de diciembre de 2015
O APALPADOR
O mércores, 16 de decembro, será unha tarde especial na Baiabiblio.
Estará con nós a familia de Mencía Suárez Álvarez, de 1º, e de Diego Suárez Álvarez, de 4º de Infantil, para contarnos un conto do Apalpador.
A actividade dará comezo ás 16:30.
Estará con nós a familia de Mencía Suárez Álvarez, de 1º, e de Diego Suárez Álvarez, de 4º de Infantil, para contarnos un conto do Apalpador.
A actividade dará comezo ás 16:30.
Ademais teremos música, baile e elaboración de marcapáxinas.
Non podes faltar!!!
martes, 8 de diciembre de 2015
COLABORACIÓN DAS FAMILIAS
Como xa sabedes, o mércores é o día das familias na Baiabiblio.
Para despedir o ano, queriamos realizar unha actividade especial na tarde do mércores 16.
Seguro, seguro, que a algún papá, mamá, avó, avoa, tío, irmá... apetécelle contarnos un conto, ou cantarnos unha canción, ou...
Animádevos e poñédevos en contacto con algún profe do equipo de biblioteca o mércores 9 pola tarde ou no recreo, entrada, saída...

martes, 17 de noviembre de 2015
QUE BEN O FIXERON MARGA E ELISA!!
Como disfrutamos o mércores co conto "A princesa do Caurel"!
Gracias ás dúas por facernos pasar un rato estupendo e a ti, Elisa, por seguir participando nas actividades do cole. Seguro que o fas igual de ben no instituto.
Familias, recordade que todos os mércores podedes vir cos nenos/as á biblioteca a ler, coller libros prestados... Non todos os mércores teremos unha actividade especial, pero si unha vez ao mes.
Quen se anima a axudarnos coa seguinte??
E agora... queredes ver como foi a actuación de Marga e Elisa??

lunes, 9 de noviembre de 2015
CONTACONTOS "A PRINCESA DO CAUREL"
Non olvides vir a tarde do mércores, 11 de novembro, ás 16:15, á Baiabiblio.
É a primeira tarde que a biblioteca abre as súas portas ás familias, e para celebralo estarán con nós dúas contacontos moi especiais:
Elisa, alumna e colaboradora da biblio (agora xa no instituto) e a súa nai, Margarita, contaránnos e cantaránnos o conto:
lunes, 2 de noviembre de 2015
GUÍA DE USUARIOS
Para recordarvos as normas, organización, funcionamento... da Baiabilio, o equipo de bilio elaborou este tríptico que esperamos que vos sirva de axuda.
XA ESTAMOS DE VOLTA!!
Despois dun tempo pechada por reformas, a BAIABIBLIO abre as súas portas o mércores, 4 de novembro, no recreo.
Espéranvos algunhas novidades que seguro vos gustarán: nova organización, un rincón de lectura...
Podes visitarnos durante o recreo , na sesión de biblioteca da túa aula ou polas tardes en horario de 16:00 a 18:00. Ademais, os mércores a partir do 11 de novembro, podes vir acompañado dos teus familiares. Este día podes realizar préstamos, buscar información, ler e participar nalgunhas actividades como contacontos, obradoiros... que se irán organizando ao longo do curso.

domingo, 24 de mayo de 2015
VISITA DE ALICIA BORRÁS
O venres, 22 de maio, recibimos a visita da escritora Alicia Borrás.
Os nenos/as de 6º leron, durante o curso, dous libros escritos por ela:
"Nata y chocolate" e "Nata y chocolate invencibles"
Disfrutamos moitísimo coa lectura dos seus libros e tamén coa súa visita. Alicia contestou pacientemente todas as preguntas que lle fixemos e firmounos todos os libros.
Gracias, Alicia!!!

lunes, 11 de mayo de 2015
CONCURSO VERMES DE SEDA
Seguro que xa sabes moitas cousas dos vermes de seda.
Zampalibros quere que lle axudes a buscar información.
Sabes a resposta a estas preguntas? Anímate a cubrir a ficha. Podes conseguila na biblioteca ou pedirlla ao teu profe. Cando a teñas cuberta entrégaa na biblio, iso si, antes do 31 de maio.
Zampalibros sorteará un regalo entre todos os que contestedes correctamente ás preguntas.
NORMAS DA BAIABIBLIO
- Toma a merenda antes de entrar.
- Fala baixiño e non corras.
- Respecta e coida o material.
- Podes vir á biblioteca a ler, buscar información nos ordenadores ou nos libros, a estudar...
lunes, 27 de abril de 2015
OS PIRATAS DE 1º
Con motivo do Día do Libro, os nenos/as de 1º elaboraron estes divertidos libros.
1ºA
1ºA
jueves, 23 de abril de 2015
DÍA DO LIBRO
Hoxe, 23 de abril, celébrase en moitos países o DÍA DO LIBRO.
No noso cole decoramos a entrada para conmemorar esta data
Ademais os nenos/as de todos os cursos podedes cubrir esta ficha de datos dun libro dos expostos na entrada ou doutro calquera que vos guste (podes pedirlla ao teu profe ou na biblioteca). Coas fichas que nos entreguedes faremos un álbum chulísimo.

AXUDANTES DE BIBLIOTECA
Ata agora non falaramos deles no blogue aínda que todos/as sabedes quen son:
OS AXUDANTES DA BAIABIBLIO
Estes rapaces/as decidiron, no mes de decembro, axudar aos profes un día á semana durante o recreo para facer os préstamos, colocar libros, axudar aos máis pequenos...
Estas son as súas funcións:
Temos que decir que, ademais destas tarefas, que non son poucas, os axudantes de biblio están traballando moitíiiiiiiisimo na reorganización da biblioteca e os profes estamos moi agradecidos.
GRACIAS!!!

viernes, 17 de abril de 2015
CERTAME LITERARIO RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ
Se estudas 3º, 4º, 5º ou 6º de Primaria, non olvides presentar o teu traballo ao CERTAME LITERARIO RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ.
O prazo remata o 12 de maio.
Podes entregarllo ao teu profe ou na biblioteca.
sábado, 11 de abril de 2015
OS NOVOS AMIGOS DE ZAMPALIBROS
A nosa amiga Zampalibros ten uns invitados especiais na Baiabilio: VERMES DE SEDA!!!
Zampalibros necesita a nosa axuda para descubrir como coidar a estes amiguiños: de que se alimentan, canto dura cada ciclo da súa vida, que ocorre cando forman o casulo...
Estás disposto a axudarlle??
Na biblio deixamos unha carpeta na que iremos xuntado a información que entre todos/as atopemos.
Nos seguintes enlaces podes atopar información e actividades sobre os vermes de seda.

viernes, 3 de abril de 2015
RECITAL DE POESÍA
Durante o mes de marzo, mes da poesía, cada curso recitou un poema de Rosalía de Castro.
PRIMEIRO
SEGUNDO
TERCEIRO
CUARTO
SEXTO
E aquí están os resultados!
INFANTIL
PRIMEIRO
SEGUNDO
TERCEIRO
CUARTO
SEXTO
SEMINARIO DE FORMACIÓN. ANIMACIÓN Á LECTURA.
Durante o presente curso 2014/2015, algúns mestres/as do centro estamos a realizar, entre outras actividades de formación relacionadas coa biblioteca escolar, un seminario de animación á lectura.
A principios deste curso surxiu, entre os membros do equipo, a necesidade de levar a cabo algún cambio na nosa biblioteca: organización, actividades de formación de usuarios, actividades de dinamización, etc.
Por iso solicitamos un seminario de formación no que puidemos contar coas ponencias de persoas con gran experiencia en bibliotecas escolares como Dolores Iglesias do CEIP de Cespón ou Covadonga Rodríguez do CEP Brea Segade, ademais da grande axuda da asesora de bibliotecas escolares do CAFI, Leonor Mazaira, que nos proporcionou ideas, materiais, e, sobre todo, ganas de aprender, de traballar e de facer ben as cousas.
A través deste blog irémosvos informando dos cambios realizados na Baiabiblio e das novas actividades e materiais dos que dispoñemos na biblioteca.
domingo, 22 de marzo de 2015
JUAN CÓNTANOS "VERLIOKA"
E o luns, 23 de marzo, acompañaranos na biblioteca Juan Manuel, para contarnos un dos seus contos favoritos: VERLIOKA.
Esperámosvos!!
Esperámosvos!!
lunes, 16 de marzo de 2015
NOVIDADES
Na entrada da Baiabiblio están expostos os libros novos. De momento non os podes levar para ler na casa, pero si podes miralos na biblioteca.
domingo, 15 de marzo de 2015
MARZO, MES DA POESÍA.
Este ano, na Baiabiblio, queremos adicar o mes da poesía a ROSALÍA DE CASTRO.
E que mellor maneira que facendo un agasallo a esta gran poetisa.
Estamos elaborando un mural no que colocar caligramas baseados nos seus poemas.
E que é un caligrama?
Un caligrama é unha composición poética que debuxa, mediante a escritura, o tema do poema.

Esperamos os vosos caligramas!!
E non olvides visitar a exposición de libros de poesía da nosa biblio.
E non olvides visitar a exposición de libros de poesía da nosa biblio.
viernes, 6 de marzo de 2015
miércoles, 4 de marzo de 2015
FINALISTAS DO CONCURSO DE MASCOTA
domingo, 1 de marzo de 2015
O KAIPACHA
Alguns xa sabedes que é O KAIPACHA.
Recordades aos nenos de Pachacútec (Perú) cos que xa traballamos o curso pasado?
Este ano os nenos e nenas de 6º de Primaria están a elaborar un periódico conxuntamente con eles, no que damos a coñecer como son os lugares onde vivimos uns e outros, os nosos costumes, as profesións dos nosos pais...
Estes son os dous primeiros números. Xa estamos a traballar no número tres.
ANTÍA CÓNTANOS UN CONTO
Como todos os luns, o día 2 de marzo, teremos contacontos no recreo.
Estará con nós Antía para lernos "A bruxa regañadentes"
Estará con nós Antía para lernos "A bruxa regañadentes"
viernes, 20 de febrero de 2015
CONCURSO DE MASCOTA
Unha biblioteca sen mascota? Non pode ser!!
A Baiabiblio convoca un concurso para elixir á mascota que nos acompañará en todas as nosas aventuras.
E neste cole hai moi bos debuxantes... Atrévete co teu debuxo.
Non o esquezas: tamaño folio, un nome en galego e con bonitas cores.

O COELLIÑO BRANCO
Carlota tamén se anima a contarnos un conto.
Non o olvides, ven o luns 23 de febreiro á biblioteca no recreo. Carlota contaranos "O coelliño branco".
O OSO E O CORVO
Aquí tedes o video da historia que nos contou Alba.
Estaba un pouco nerviosa, pero tanto ela como os nenos e maiores que estabamos na biblioteca o pasamos xenial.
Estaba un pouco nerviosa, pero tanto ela como os nenos e maiores que estabamos na biblioteca o pasamos xenial.
miércoles, 4 de febrero de 2015
CONTACONTOS
Hoxe estamos de estrea: botamos a andar o noso blog da biblio. E que mellor maneira de celebralo que cun contacontos.
O vindeiro luns 9 de febreiro, Alba nos acompañará no recreo para contarnos o conto:
"O OSO E O CORVO"
Esperámosvos
O vindeiro luns 9 de febreiro, Alba nos acompañará no recreo para contarnos o conto:
"O OSO E O CORVO"
Esperámosvos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)