miércoles, 27 de enero de 2016

A LENDA DAS MIL GRULLAS

Conta unha lenda xaponesa que se desexas algo con moita forza e constrúes 1000 grullas de papel, o teu desexo farase realidade.
Hoxe na biblio contaronnos a triste historia de Sadako Sasaki que enfermou como consecuencia da irradiación que lle produxo a bomba de Hiroshima.
Tamén estivemos construíndo as nosas grullas de papel, aínda que non tivemos tempo de rematados. O venres continuamos.




LIBROS CEIBES

Como xa sabedes, na primeira planta do cole, hai unhas caixas frente ás escaleiras, nas que podedes coller algún libro para levar á vosa casa.
Son libros que están deteriorados, son moi antigos, están dirixidos a adultos... Os retiramos da biblioteca para que nos quede sitio para as novas adquisicións, pero nos dá pena tiralos. Se queres levar algún, non tes máis que collelos.
Neste traballo están colaborando algúns alumnos de 5º que, durante os recreos, van seleccionando os libros que están retirados, anotando na primeira páxina "anulado" e repoñendo os libros das caixas.
Gracias polo voso traballo Sara, Jorge, Alba e Violeta.


O AGASALLO DO APALPADOR

Pois si, ao Apalpador gustáronlle tanto as actividades que fixemos sobre el na biblio, que nos deixou o que lle pedimos: O KAMISHIBAI.
Vaia sorpresa que levamos!!