Non olvides que o próximo 29 de marzo, de 16:00 a 18:00, terá lugar a segunda sesión do Obradoiro de debuxo manga, esta vez para o alumnado de 4º, 5º e 6º.
Así foi a primeira sesión. Candela explicounos unhas nocións básicas sobre o Manga e con ela nos convertemos en mangakas.
sábado, 25 de marzo de 2017
VISITA AO MUÍÑO DE BRAZOS
Seguimos descubrindo e aprendendo como funcionan os muíños.
Grazas, Ana Isabel, por compartir con nós un lugar tan marabilloso.
Grazas, Ana Isabel, por compartir con nós un lugar tan marabilloso.
lunes, 20 de marzo de 2017
OBRADOIRO DE DEBUXO MANGA
Os días 22 e 29 de marzo, en horario de 16:00 a 18:00, terá lugar na Baiabiblio un obradoiro de debuxo manga, no que Candela Novoa compartirá con nós a súa afición.
domingo, 19 de marzo de 2017
VISITA DE 6ºC AOS MUÍÑOS DE PONTE GOIÁNS
O día 20 de febreiro visitamos os Muíños de Ponte Goiáns. Acompañáronnos na nosa visita Ermitas, nai de Alba; Suso, o seu avó e Maruxa, unha veciña que pasou moitas horas traballando neste lugar. Eles explicáronnos o funcionamento dos muíños, os aparellos que empregaban, como era o sistema de propiedade e compartiron con nós os seus recordos.
jueves, 2 de marzo de 2017
OBRADOIRO DE CREMA DE CACAO
Unha vez máis, temos que dar as grazas ás mamás do Foro Ecolóxico de Boiro, que hoxe nos acompañaron para aprendernos a facer unha deliciosa crema de cacao.
E, como non, degustamos a crema de cacao caseira
Investigamos algunhas cuestións sobre os ingredientes das cremas de cacao.
E, como non, degustamos a crema de cacao caseira
Atréveste a facer a túa crema?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)