Co motivo do 25N, as nosas novas adquisicións da biblioteca con esta temática son:
A HISTORIA DOS BONOBÓS CON LENTES
Bonobos e bonobas tiñan un estatus moi desigual na fraga onde vivían todos xuntos. Eles comían o que elas recolectaban; eles viaxaban, aprendían e modernizábanse pero non aceptaban que elas tamén evolucionaran e burlábanse do seu aspecto. Tiñan a errónea teoría de que a educación e o progreso do grupo enteiro era prexudicial; ata que as bonobas cansaron de aturar ese comportamento tan egoísta.
EL CHUBASQUERO DE AURORA
Un monstruo llega a casa de Aurora todas las noches atemorizando a la niña y a su mamá. Aurora se siente indefensa y asustada, y su madre le regala un chubasquero mágico para que haga desaparecer el miedo que lo envuelve todo. ¿Será suficiente?
O MUNDO MÁXICO DE LÍA
Lía ten dez anos e a súa nai cre que é moi madura para a súa idade. Claro que o resto da xente pensa todo o contrario, sobre todo o pai, que se burla dela porque se nega a falar. Unha noite, Lía foxe da casa e agóchase detrás duns arbustos esquivando a persecución do seu pai. Na compañía de Glok, un trasno imaxinario, emprende unha aventura fantástica por un mundo máxico, soterrado baixo a cidade de Pontevedra. Lía non ten medo, é unha nena valente, disposta a enfrontarse ao que faga falta para volver xunto á súa nai, aínda que sexa o malvado líder dos homes rata.
E ademais das recomendacións lectoras tamén fixemos un mural contra a violencia de xénero:
No hay comentarios:
Publicar un comentario