Para conmemorar o Día do Libro, o noso colexio transformouse nun escenario de fábula. Neste día tan especial, non fixo falta caer polo buraco do coello para vivir grandes aventuras, pois os nosos alumnos maiores convertéronse en guías de viaxe, apadriñando como lectores aos máis pequenos para somerxerse xuntos na lectura.
A través de páxinas escollidas a dedo e adaptadas con moito mimo para cada idade, os padriños e madriñas guiarán aos seus afillados por camiños cheos de misterio, risas e aprendizaxe. Estamos seguros de que esta experiencia foi marabillosa para todos, onde o tempo se detivo mentres compartimos o tesouro máis grande que gardan os libros: o pracer de ler xuntos.
A continuación, unha pequena mostra do que deron de si estas lecturas:
Como diría Alicia... as mellores historias son as que se comparten!
No hay comentarios:
Publicar un comentario