Para conmemorar o Día do Libro, o noso colexio transformouse nun escenario de fábula. Neste día tan especial, non fixo falta caer polo buraco do coello para vivir grandes aventuras, pois os nosos alumnos maiores convertéronse en guías de viaxe, apadriñando como lectores aos máis pequenos para somerxerse xuntos na lectura.
miércoles, 10 de junio de 2026
jueves, 14 de mayo de 2026
NOVIDADES LECTORAS
Queridos lectores e lectoras!
As nosas estanterías xa locen as cores da primavera con todas as novidades de maio. Desde as trepidantes aventuras de Magic Animals, pasando por obras para coñecer a Begoña Caamaño (autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026) ata as entrañables historias de A miña gata Piu, hai un libro agardando por cada un de vós.
Podedes consultar o catálogo completo premendo na seguinte ligazón. Vinde á biblio, escollede o voso vindeiro tesouro e gozade da lectura!
Preme aquí: https://view.genially.com/6a039534db92035d73ca63b4
martes, 14 de abril de 2026
O COLEXIO ÉNCHESE DE POESÍA
Á volta de Semana Santa, decataríaste ao pasear polos nosos corredores que ben podería parecer que estás a piques de sentar á mesa co Sombrereiro Tolo...
Grazas á colaboración do alumnado e das familias, o noso colexio transformouse nun auténtico escenario do País das Marabillas. As cuncas e teteiras que o alumnado levou para decorar na súa casa xa están de volta e locen espectaculares nas nosas paredes, tanto en infantil como en primaria.
Cada unha delas garda un segredo: están cheas de versos, rimas e moita cor! Este "banquete literario" que propuxemos serve para recordarnos que:
- A poesía pode servirse en calquera recipiente.
- A creatividade do noso alumnado non ten límites.
- Os corredores agora non só se percorren, lense!
Moitísimas grazas por participar nesta actvidade tan especial para
conmemorar o Mes da Poesía. Con cada cunca e teteira decorada, fixestes que o
camiño cara ás aulas sexa un pouco máis máxico e poético.
Non esquezades parar un segundo para ler as rimas que agochan!
martes, 20 de enero de 2026
OBRADOIRO DE NADAL INTERXERACIONAL
viernes, 19 de diciembre de 2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL
Último día de clase e queremos pechar o trimestre cunhas recomendacións lectoras para que poidades pedir a Papá Noel ou aos Reis Magos. Animádevos a ler, viviredes moitas aventuras!
Pinchade nesta ligazón para
ver as recomendacións:
jueves, 18 de diciembre de 2025
UNHA XORNADA MOI NAVIDEÑA NA BIBLIOTECA
Durante estes días tan especiais, a
biblioteca do centro converteuse nun espazo cheo de creatividade, ilusión e
espírito navideño grazas ao obradoiro de manualidades de Nadal no que participaron
alumnos e alumnas de infantil e primaria acompañados das súas familias.
Ao longo da actividade realizáronse diferentes propostas: adornos colgantes para
decorar, unha postal navideña cosida con la, unha árbore de Nadal e un Papá Noel de
papel en 3D mediante a técnica de origami modular. Cada creación foi única, feita con
agarimo e moita imaxinación.
Así, xogando e sen darnos conta, entre papeis, las de cores e rotuladores
estamos a traballar e a fomentar diferentes competencias no noso alumnado:
- Competencia
en conciencia e expresións culturais (expresar ideas, sentir emocións e
comprender as posibilidades de distintos materiais e técnicas plásticas)
- Competencia
social e de aprender a aprender (permite traballar en equipo,
cooperar, respectar o ritmo dos demais e reflexionar sobre o propio
proceso creativo, fomentar a autonomía persoal, a responsabilidade e o
desenvolvemento emocional).
- Competencia
en comunicación lingüística (permite que o alumnado explique as súas
obras, describa o proceso e comparta ideas en familia).
- Competencia
cidadá (a participación das familias favorece a idea de comunidade
educativa, solidariedade e respecto mutuo; o feito de compartir tempo
creativo fomenta empatía, colaboración e afectividade, valores clave no
proceso educativo).
- Competencia
social e de aprender a aprender (o alumnado puido explorar diferentes
materiais e técnicas, como o origami modular ou a costura con la,
permitindo a experimentación, a resolución de problemas e a reflexión
sobre as súas decisións, promovendo así o pensamento crítico e o gusto por
aprender).
Por todo isto, queremos dar as grazas a todas as familias e ao alumnado
pola súa participación e implicación. Actividades como esta lembran a
importancia de compartir tempo en familia, de colaborar, crear e gozar xuntos,
dando valor ao traballo feito coas nosas mans e á creación de momentos
especiais que quedarán na memoria de todos.
BO NADAL E ATA O ANO QUE VÉN!
viernes, 12 de diciembre de 2025
CHEGOU O NADAL!
Queridos nenos e nenas, o Nadal xa está aquí e desde a biblioteca queremos celebralo convosco.
Convidámosvos a un obradoiro moi especial e creativo, con propostas para todas as idades.
Agardámosvos o próximo mércores 17 de decembro!


























