Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de mayo de 2022

2 de Maio: Contacontos

 Visita de Miguel García, avó de Gael, para contarnos o conto "As lavandeiras" e facer unha representación teatral.

Tiñamos tantas fotos para subir que en vez de ter que elexir cales poñíamos, preferimos facer un video con todas.



miércoles, 6 de febrero de 2019

CONTANDO CO KAMISHIBAI

 Un grupo de alumn@s de 2º elaboraron un kamishibai dun dos seus contos favoritos: "La extraña visita" de Gracia Iglesias Lodares e acercámonos a contarllo ás aulas de Infantil dos seus irmáns.
Fermosa experiencia!!










lunes, 5 de marzo de 2018

CONTOS NO RECREO

Durante o mes de febreiro, os nenos e nenas de 1º e 3º, animáronse a contar.

Os alumn@s de 3º presentáronnos a historia de Marquiños




Coñecedes a historia de Dona Carme?


miércoles, 11 de octubre de 2017

OS MÉRCORES NO RECREO... CONTO!

Un ano máis, na Baiabiblio, teremos contos no recreo.
Hoxe, para comezar, estiveron con nós as nenas de 5ºC para contarnos "Ñac ñac"



jueves, 9 de junio de 2016

CONTOS NO RECREO

Aquí temos os últimos contacontos no recreo deste curso. Moitas grazas a todos os participantes: contrapontos, público e aos profes que axudaron e animaron aos seus alumnos/as a participar.

RATO TOM E RATA TOMASA




ORELLAS DE BOLBORETA


sábado, 16 de abril de 2016

A VELLA GRUÑONA

As nenas de 5º representaron o martes unha obra de teatro: "A vella gruñona".
Elas soas prepararon o guión, carteis, invitacións... e ensaiaron, sen axuda, nos seus ratos libres.
Que ben o fixeron!!


domingo, 10 de abril de 2016

"LAS PRINCESAS TAMBIÉN SE TIRAN PEDOS"

O martes, 5 de abril, Aitana e Lucía contáronos este simpática historia.
Que ben o pasamos!!



TARDE DE CONTOS

O mércores 13 de abril, ás 16:45, teremos con nós á profe Ana Lojo para contarnos un divertido conto en inglés, que leva por título "A COLOURFUL FRIENDSHIP". Ao rematar, Ana tennos preparada algunha sorpresa.
Non faltedes!!





domingo, 27 de marzo de 2016

OS CONTACONTOS DA BAIABIBLIO

Como xa sabedes, os martes, no recreo podes escoitar e ver as historias que nos contan os compañeiros/as do cole.
Aquí temos unha mostra do beeeeen que o fan!

ANDREA E SARA. "A que sabe a lúa?"




ALBA E CANDELA. "O papón"






ALBERTO E DAVID.



domingo, 28 de febrero de 2016

CONTACONTOS NO RECREO

Como xa anunciamos no taboeiro da Baiabiblio, todos aqueles nenos e nenas que queirades contar un conto aos vosos compañeiros/as, non tendes mais que avisar a un axudante de biblio ou a un profe para que vos digan que día podedes facelo.



E xa temos conto para o martes 2 de marzo! As contacontos serán Sara e Andrea, de 5ºC e contarannos o conto "A que sabe a lúa?".



domingo, 27 de diciembre de 2015

KAMISHIBAI DO APALPADOR

A tarde do mércores, 16 de decembro, tivemos a sorte de contar cunha contacontos especial: Esther, a mamá de Mencía e Diego. Contounos unha bonita historia do Apalpador e para elo utilizou un kamishibai, que, como nos conta a profe Susana na presentación é una especie de teatriño orixinario de Xapón.



O kamishibai que empregou Esther prestáronnolo os compañeiros do colexio de Escarabote, pero tanto nos gustou, que a nosa mascota Zampalibros escribiulle unha carta ao Apalpador pedíndolle un para a Baiabiblio. A ver se temos sorte!!

As láminas da historia foron elaboradas polo equipo de biblioteca e o alumnado colaborador da biblioteca do CPI Luís Díaz Moreno de Baralla (Lugo). Moitas grazas, compañeir@s!!

Aquí está o video da actividade.





Despois do conto a profe Carmela animounos a cantar e bailar unha canción do Apalpador.

E para rematar a tarde coloreamos uns marcapáxinas do Apalpador que nos debuxou Carlos, de 5ºC. Grazas, Carlos!










domingo, 13 de diciembre de 2015

O APALPADOR

O mércores, 16 de decembro, será unha tarde especial na Baiabiblio.

Estará con nós a familia de Mencía Suárez Álvarez, de 1º, e de Diego Suárez Álvarez, de 4º de Infantil, para contarnos un conto do Apalpador.

A actividade dará comezo ás 16:30.


Ademais teremos música, baile e elaboración de marcapáxinas.

Non podes faltar!!!

martes, 8 de diciembre de 2015

COLABORACIÓN DAS FAMILIAS

Como xa sabedes, o mércores é o día das familias na Baiabiblio.





Para despedir o ano, queriamos realizar unha actividade especial na tarde do mércores 16.
Seguro, seguro, que a algún papá, mamá, avó, avoa, tío, irmá... apetécelle contarnos un conto, ou cantarnos unha canción, ou...
Animádevos e poñédevos en contacto con algún profe do equipo de biblioteca o mércores 9 pola tarde ou no recreo, entrada, saída...

martes, 17 de noviembre de 2015

QUE BEN O FIXERON MARGA E ELISA!!

Como disfrutamos o mércores co conto "A princesa do Caurel"!
Gracias ás dúas por facernos pasar un rato estupendo e a ti, Elisa, por seguir participando nas actividades do cole. Seguro que o fas igual de ben no instituto.

Familias, recordade que todos os mércores podedes vir cos nenos/as á biblioteca a ler, coller libros prestados... Non todos os mércores teremos unha actividade especial, pero si unha vez ao mes.
Quen se anima a axudarnos coa seguinte??

E agora... queredes ver como foi a actuación de Marga e Elisa??




lunes, 9 de noviembre de 2015

CONTACONTOS "A PRINCESA DO CAUREL"


Non olvides vir a tarde do mércores, 11 de novembro, ás 16:15, á Baiabiblio.

 É a primeira tarde que a biblioteca abre as súas portas ás familias, e para celebralo estarán con nós dúas contacontos moi especiais:

Elisa, alumna e colaboradora da biblio (agora xa no instituto) e a súa nai, Margarita, contaránnos e cantaránnos o conto:








                                                


domingo, 22 de marzo de 2015

JUAN CÓNTANOS "VERLIOKA"

E o luns, 23 de marzo, acompañaranos na biblioteca Juan Manuel, para contarnos un dos seus contos favoritos: VERLIOKA.






Esperámosvos!!

domingo, 1 de marzo de 2015

ANTÍA CÓNTANOS UN CONTO

Como todos os luns, o día 2 de marzo, teremos contacontos no recreo.
Estará con nós Antía para lernos "A bruxa regañadentes"




viernes, 20 de febrero de 2015

O COELLIÑO BRANCO


Carlota tamén se anima a contarnos un conto.
Non o olvides, ven o luns 23 de febreiro á biblioteca no recreo. Carlota contaranos "O coelliño branco".


O OSO E O CORVO

Aquí tedes o video da historia que nos contou Alba.
Estaba un pouco nerviosa, pero tanto ela como os nenos e maiores que estabamos na biblioteca o pasamos xenial.