Durante o presente curso 2014/2015, algúns mestres/as do centro estamos a realizar, entre outras actividades de formación relacionadas coa biblioteca escolar, un seminario de animación á lectura.
A principios deste curso surxiu, entre os membros do equipo, a necesidade de levar a cabo algún cambio na nosa biblioteca: organización, actividades de formación de usuarios, actividades de dinamización, etc.
Por iso solicitamos un seminario de formación no que puidemos contar coas ponencias de persoas con gran experiencia en bibliotecas escolares como Dolores Iglesias do CEIP de Cespón ou Covadonga Rodríguez do CEP Brea Segade, ademais da grande axuda da asesora de bibliotecas escolares do CAFI, Leonor Mazaira, que nos proporcionou ideas, materiais, e, sobre todo, ganas de aprender, de traballar e de facer ben as cousas.
A través deste blog irémosvos informando dos cambios realizados na Baiabiblio e das novas actividades e materiais dos que dispoñemos na biblioteca.