Mostrando entradas con la etiqueta mes da ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mes da ciencia. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de enero de 2022

DURANTE O MES DE NOVEMBRO (Mes da Ciencia) NO NOSO COLE REALIZAMOS 0 "Día das 0 emisións"

O 10 de Novembro celebramos no noso cole o día sen fume. Foi todo un éxito que esperamos repetir. Aquí vos deixamos un resumo dese día

viernes, 17 de diciembre de 2021

 Na biblio temos en exposición os traballos de 6º curso feitos durante o mes da ciencia. Aquí vai un adianto: Preme aquí

domingo, 22 de noviembre de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.


Como xa saberedes, novembro é o mes da ciencia. Este ano, no que todos estamos moi atentos á chegada da vacina da Covid-19, desde a biblioteca do cole animámosvos a coñecer a historia doutra vacina que conseguiu erradicar a varíola, unha enfermidade mortal.

Sabes que a orixe da palabra vacina ten que ver moito coa súa historia?

O cirurxián inglés Edward Jenner vacinou ao fillo do seu xardineiro con mostras de pústula dunha leiteira que se infectou co virus da varíola dunha vaca. Aínda que moi similar á humana, esta variante era moito máis suave. Jenner quixo comprobar con este experimento se era certa a crenza segundo a cal as granxeiras que pasaran as benignas vexigas bovinas quedaban protexidas da maligna. En efecto, o neno quedou inmune. Estaba vacinado!

Agora xa sabedes que o termo vacina proven da palabra latina vacca.

Pero esta historia é aínda máis extraordinaria do que imaxinas.

Un médico español, Francisco Javier Balmis Berenguer realizou a primeira misión humanitaria da historia entre 1803 e 1806 levando a vacina de Jenner ata América e Asia. 

Non vos parece sorprendente?

Debedes saber, que como non podía manter axeitadamente a vacina durante a viaxe, decidiu levar 22 nenos e nenas da casa de orfos da Coruña, para ser inoculados sucesivamente no transcurso da navegación.

Hoxe en día non usariamos persoas para tal fin, pero nesa época este feito supuxo un avance médico moi importante e salvoulle a vida a moitísima xente.
Se che interesa a historia deste descubrimento anímate a entrar nos enlaces que seguen a continuación.






domingo, 1 de diciembre de 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Para celebrar o Mes da Ciencia, realizáronse no cole diferentes actividades.
O alumnado de 2º acudiu á biblioteca para ver unha exposición de minerais e rochas. Descubriron que o cobre, o ouro, a prata e o mercurio eran metais que aparecían na táboa periódica, e observaron como podemos facer un compás cunha simple agulla e un imán.











O mércores 27 a biblioteca do cole encheuse de mar, polbos, estrelas, meros, morenas…
 E é que o alumnado de segundo tivo a sorte de contar con dous campións do mundo en vídeo submarino: Jorge Candán e Pilar Barros.
Ademais de poñernos uns fermosísimos vídeos sobre o mundo mariño, ensináronnos o material co que fan as súas gravacións.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e emocionante,  que sen dúbida nos axudará a ter sempre presente a importancia do coidado e respecto polo mar e polos seres que o habitan.






miércoles, 27 de diciembre de 2017

MES DA CIENCIA

Actividades realizadas durante o mes de Novembro, mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares:

Xavi Polo nos presenta o seu robot Milo e explícanos o seu funcionamento.



Exposición de fichas das árbores do noso cole: alumnado do 3º nivel.