lunes, 16 de marzo de 2015

NOVIDADES


Na entrada da Baiabiblio están expostos os libros novos. De momento non os podes levar para ler na casa, pero si podes miralos na biblioteca.

5 comentarios:

  1. Boas, quería aproveitar para faceros unhas preguntas sobre o funcionamento da biblioteca:
    - ¿En que horario poden usar os nenos a consulta en sala e solicitar préstamos? pódese nos recreos? a miña peque está rematando infantil, non sei se os de infantil poden desprazarse libremente polo centro.
    - Consultando no catálogo vexo que parece que se poden facer reservas ¿sobre calquera libro ou só sobre os que están emprestados? como/cando podemos darnos de alta como usuario e cales son las normas de préstamo?
    Moitas grazas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola
      Os nenos/as de Primaria poden asistir á biblioteca durante o recreo ou na sesión que teñen asignada dentro do horario escolar. Como saberás, as aulas de Infantil están no edificio anexo, e non poden ir á biblio durante o recreo, teñen que ir acompañados da súa profe.
      De todos xeitos, unha das ideas que temos,de cara ao vindeiro curso, é a de facilitar o acceso á biblioteca aos nenos e familias para realizar préstamos fóra do horario escolar.
      Todos os alumnos/as do centro poden levar libros en préstamo. A duración do mesmo é de 15 días. Poden ter un máximo de dous libros e reservar tanto os que están emprestados como os que non.
      Durante o próximo trimestre intentaremos ir subindo ao blogue información sobre o funcionamento, normas... da nosa biblioteca.
      Mentres tanto, podes consultarnos calquera dúbida.
      Gracias por visitar o noso blogue.

      Eliminar
  2. Grazas a vos, sigo con ilusión os progresos da biblioteca ;-) ... para o ano a maior estará en primaria, animareina a "explorar" nas estanterías nalgún recreo, e se abrides as familias estaremos encantados de acompañar ós peques ... para facer as reservas dende o OPAC necesitamos carnet de lector + contrasinal ¿como/a quen o solicitamos? falo coa profe da nena?? ou... os datos poden ser comúns os da B.Municipal?
    Saudos e graciñas de novo.

    ResponderEliminar
  3. Cada alumno/a de primaria ten un carnet de lector e o contrasinal para facer reservas dende a OPAC son as tres primeiras letras do primeiro apelido do neno/a.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  4. Grazas, daquela haberá que esperar o ano que ven... anímovos a extender mais o acceso por "abaixo" os de infantil, nunca é pronto abondo pra comezar ;-)
    Saudos.

    ResponderEliminar