sábado, 28 de enero de 2017

MUÍÑOS DE PONTE GOIÁNS

Durante os próximos meses, imos levar a cabo no colexio un proxecto de investigación sobre os muíños de Ponte Goiáns. Estes, e outros muíños de Boiro, gardan unha parte moi importante da historia, tradicións e costumes do noso pobo.
As diferentes aulas do cole estudiaremos unha parte do proxecto que logo compartiremos cos nosos compañeiros: o funcionamento dos muíños, as súas partes, a elaboración do pan, a enerxía hidráulica, a fauna e flora do entorno, costumes...
Realizaremos distintas actividades (visitas, charlas, exposicións...) das que vos iremos informando, e para elo, queremos pedir a colaboración das familias. Seguro que algún pai, nai, avó, avoa... pode aportarnos algún material, historia,  cantiga... sobre o tema. Estaremos encantados de contar coa cosa axuda.

Deixámosvos con estas imaxes de Ponte Goiáns

 

Video cedido por José García Santiago, fotógrafo especializado en fotografía submarina. Aquí podes visitar o seu blog http://www.mergullo.net

No hay comentarios:

Publicar un comentario