Proxecto realizado no curso 2016/2017 co alumnado de 6º e os usuarios do Centro de día de Boiro.
Durante o pasado curso, tivemos a sorte de compartir grandes momentos cos nosos maiores.
Queriamos coñecer a forma de divertirse que tiñan os nosos avós (eles non tiñan móbiles, tablets ou ordenadores!!), polo que decidimos achegarnos ao Centro de día e entrevistar algunhas persoas que acoden alí todos os días.
O tempo pasóusenos voando en tan boa compañía, así que, voltamos. Esta vez tiñan preparados os xogos de cando eran novos: a ra, a estornela, a chave... Que xornada tan divertida!!
E cando fas novos amigos, calquera disculpa é boa para pasar un rato con eles: cantar panxoliñas, ler o periódico, dar un paseo...
Momentos inesquecibles dos que vos deixamos unha pequena mostra
experienciasCdia from Ceip Santa Baia on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario