martes, 17 de diciembre de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2019


Non olvides pedir un libro aos Reis. Estas son as cosas recomendacións.
Bo Nadal!!




BAIA RADIO 12


O primeiro programa de radio deste curso está adicado ao mes de novembro e, en especial, á CIENCIA.
Os nenos e nenas de 5ºA falarannos das actividades realizadas en torno á figura do homenaxeado no día da Ciencia deste ano: Tomás Batuecas, científico recoñecido internacionalmente polo seu traballo na determinación dos pesos atómicos dos elementos químicos.











domingo, 1 de diciembre de 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Para celebrar o Mes da Ciencia, realizáronse no cole diferentes actividades.
O alumnado de 2º acudiu á biblioteca para ver unha exposición de minerais e rochas. Descubriron que o cobre, o ouro, a prata e o mercurio eran metais que aparecían na táboa periódica, e observaron como podemos facer un compás cunha simple agulla e un imán.











O mércores 27 a biblioteca do cole encheuse de mar, polbos, estrelas, meros, morenas…
 E é que o alumnado de segundo tivo a sorte de contar con dous campións do mundo en vídeo submarino: Jorge Candán e Pilar Barros.
Ademais de poñernos uns fermosísimos vídeos sobre o mundo mariño, ensináronnos o material co que fan as súas gravacións.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e emocionante,  que sen dúbida nos axudará a ter sempre presente a importancia do coidado e respecto polo mar e polos seres que o habitan.






FORMACIÓN DE USUARIOS

FORMACIÓN DE USUARIOS
Co gallo do Día das Bibliotecas, o alumnado de diferentes nieves, asistiron por quendas para realizar a formación de usuarios,  co fin de saber facer un bo uso desta instalación do noso cole.  






TARDE DE XOGOS


lunes, 18 de noviembre de 2019

miércoles, 22 de mayo de 2019

BAIA RADIO 7 E 8

No programa da Baia Radio 7, os nen@s de 2ºB fálannos do mes de maio.




Os nen@s de 5ºB, adicaron o  programa número 8 da nosa radio ás Letras Galegas e ao autor homenaxeado deste ano, Antón Fraguas.
 

VISITA DE YOLANDA CASTAÑO

Os nenas e nenas de 2º e 5ºC tiveron a sorte de coñecer a Yolanda Castaño, autora, entre outros, do libro que están a traballar na clase: "Coller as rendas".





Os alumn@s de 2ºC e 5ºC están realizando stop motion basados nos seus poemas. Aquí vos deixamos unha mostra:


DÍA DO LIBRO

O 23 de abril, día do Libro, recibimos a visita de Xulio Gutiérrez para presentarnos o seu novo libro:
"Viaxeiros"





Realizamos unha actividade de apadriñamento lector na que todo o alumnado compartiu un agradable momento de lectura, aínda que esta vez acompañounos a chuvia.






Por último, os nenos e nenas de 2ºC e 5ºC adicaron  o programa de radio ao Día da Terra e ao Día do Libro.



lunes, 22 de abril de 2019

STOP MOTION

Os nenas e nenas de 5ºC e 2ºC estamos a traballar  "Coller as rendas"   de Yolanda Castaño.
Ocurréusenos que podiamos dar movemento aos protagonistas dos seus poemas.
Pero, como?...
Escoitaramos falar do stop motion e empezamos a investigar. Fixemos bonecos de plastilina, decorados, fotografías... e empezaron a xurdir dúbidas. E que mellor manera de solventalas que coa axuda de David Pouso, antigo alumno deste centro.
Por un día, David volveu á que foi a súa escola, pero esta vez como experto en Ciencias Audiovisuais.
Grazas polas túa axuda, David.






David recoméndanos estes vídeos para seguir aprendendo.






domingo, 21 de abril de 2019

VISITA DE ALICIA BORRÁS

O pasado 10 de abril, os nenas e nenas de 5º nivel, recibiron a visita de Alicia Borrás, autora de "Nata y chocolate".




BAIA RADIO 5

Esta vez, os encargados do programa número 5, foron os nenos e nenas de 5ºC, que nos contaron algunhas novas importantes do último mes.


lunes, 8 de abril de 2019

BAIA RADIO 4

O pasado venres, os alumn@s de 4ºB foron os protagonistas do da Baia Radio. Non olvides responder antes do venres aos retos que nos propuxeron.


martes, 2 de abril de 2019

TARDE DE POESÍA

Divertida tarde con Marta Ríos.







BAIA RADIO 3

No terceiro programa da Baia Radio, as nenas de 2º entrevistaron a Candela, de 5ºC, que nos contou como comezou a sua afección pola natación.


viernes, 22 de marzo de 2019

OBRADOIRO DE POESÍA

O próximo mércores, 27 de marzo, terá lugar na Baiabiblio un obradoiro de poesía a cargo de Marta Ríos.
Non olvides anotarte en Secretaría, as prazas son limitadas.



viernes, 15 de marzo de 2019

PRIMEIRO PROGRAMA DA BAIA RADIO

Os nenos e nenas de 2º foron  os encargados de elaborar o primeiro programa da Baia Radio, retransmitido o venres a través da megafonía do cole.
Queres volver a escoitalo?









Estas son as preguntas:

1. Como se chama a mala da película "101 dálmatas"?
2. En que colexio estudaba Harry Potter?
3. Cal é o título da película na que aparecen os Oompa- Loompas?

Escribe as tras respostas nun papel e deposítao na caixa que está na entrada da biblioteca antes do próximo venres.

Animádesvos a preparar o segundo programa de radio? Xa tes unha idea para o teu guión?



miércoles, 6 de febrero de 2019

BOOKS

Novos títulos en Inglés na Baiabiblio



CONTANDO CO KAMISHIBAI

 Un grupo de alumn@s de 2º elaboraron un kamishibai dun dos seus contos favoritos: "La extraña visita" de Gracia Iglesias Lodares e acercámonos a contarllo ás aulas de Infantil dos seus irmáns.
Fermosa experiencia!!










miércoles, 23 de enero de 2019