Para celebrar o Mes da Ciencia, realizáronse no cole diferentes actividades.
O alumnado de 2º acudiu á biblioteca para ver unha exposición de minerais e rochas. Descubriron que o cobre, o ouro, a prata e o mercurio eran metais que aparecían na táboa periódica, e observaron como podemos facer un compás cunha simple agulla e un imán.
O mércores 27 a biblioteca do cole encheuse de mar, polbos, estrelas, meros, morenas…
E é que o alumnado de segundo tivo a sorte de contar con dous campións do mundo en vídeo submarino: Jorge Candán e Pilar Barros.
Ademais de poñernos uns fermosísimos vídeos sobre o mundo mariño, ensináronnos o material co que fan as súas gravacións.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e emocionante, que sen dúbida nos axudará a ter sempre presente a importancia do coidado e respecto polo mar e polos seres que o habitan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario