martes, 17 de diciembre de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2019


Non olvides pedir un libro aos Reis. Estas son as cosas recomendacións.
Bo Nadal!!




BAIA RADIO 12


O primeiro programa de radio deste curso está adicado ao mes de novembro e, en especial, á CIENCIA.
Os nenos e nenas de 5ºA falarannos das actividades realizadas en torno á figura do homenaxeado no día da Ciencia deste ano: Tomás Batuecas, científico recoñecido internacionalmente polo seu traballo na determinación dos pesos atómicos dos elementos químicos.











domingo, 1 de diciembre de 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Para celebrar o Mes da Ciencia, realizáronse no cole diferentes actividades.
O alumnado de 2º acudiu á biblioteca para ver unha exposición de minerais e rochas. Descubriron que o cobre, o ouro, a prata e o mercurio eran metais que aparecían na táboa periódica, e observaron como podemos facer un compás cunha simple agulla e un imán.











O mércores 27 a biblioteca do cole encheuse de mar, polbos, estrelas, meros, morenas…
 E é que o alumnado de segundo tivo a sorte de contar con dous campións do mundo en vídeo submarino: Jorge Candán e Pilar Barros.
Ademais de poñernos uns fermosísimos vídeos sobre o mundo mariño, ensináronnos o material co que fan as súas gravacións.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e emocionante,  que sen dúbida nos axudará a ter sempre presente a importancia do coidado e respecto polo mar e polos seres que o habitan.






FORMACIÓN DE USUARIOS

FORMACIÓN DE USUARIOS
Co gallo do Día das Bibliotecas, o alumnado de diferentes nieves, asistiron por quendas para realizar a formación de usuarios,  co fin de saber facer un bo uso desta instalación do noso cole.  






TARDE DE XOGOS