Durante estes días tan especiais, a
biblioteca do centro converteuse nun espazo cheo de creatividade, ilusión e
espírito navideño grazas ao obradoiro de manualidades de Nadal no que participaron
alumnos e alumnas de infantil e primaria acompañados das súas familias.
Ao longo da actividade realizáronse diferentes propostas: adornos colgantes para
decorar, unha postal navideña cosida con la, unha árbore de Nadal e un Papá Noel de
papel en 3D mediante a técnica de origami modular. Cada creación foi única, feita con
agarimo e moita imaxinación.
Así, xogando e sen darnos conta, entre papeis, las de cores e rotuladores
estamos a traballar e a fomentar diferentes competencias no noso alumnado:
- Competencia
en conciencia e expresións culturais (expresar ideas, sentir emocións e
comprender as posibilidades de distintos materiais e técnicas plásticas)
- Competencia
social e de aprender a aprender (permite traballar en equipo,
cooperar, respectar o ritmo dos demais e reflexionar sobre o propio
proceso creativo, fomentar a autonomía persoal, a responsabilidade e o
desenvolvemento emocional).
- Competencia
en comunicación lingüística (permite que o alumnado explique as súas
obras, describa o proceso e comparta ideas en familia).
- Competencia
cidadá (a participación das familias favorece a idea de comunidade
educativa, solidariedade e respecto mutuo; o feito de compartir tempo
creativo fomenta empatía, colaboración e afectividade, valores clave no
proceso educativo).
- Competencia
social e de aprender a aprender (o alumnado puido explorar diferentes
materiais e técnicas, como o origami modular ou a costura con lá,
permitindo a experimentación, a resolución de problemas e a reflexión
sobre as súas decisións, promovendo así o pensamento crítico e o gusto por
aprender).
Por todo isto, queremos dar as grazas a todas as familias e ao alumnado
pola súa participación e implicación. Actividades como esta lembran a
importancia de compartir tempo en familia, de colaborar, crear e gozar xuntos,
dando valor ao traballo feito coas nosas mans e á creación de momentos
especiais que quedarán na memoria de todos.
BO NADAL E ATA O ANO QUE VÉN!










No hay comentarios:
Publicar un comentario