martes, 20 de enero de 2026

OBRADOIRO DE NADAL INTERXERACIONAL


Deixamos por aquí unha pequena mostra doutro obradoiro de nadal, no que colaboraron dúas avoas de alumnado de 5º de Educación Primaria, ás que lles damos as grazas pola súa participación. 

Con elas, os rapaces e rapazas a confeccionar un Papá Noel con la. Trátase dnha actividade simple e amena, pero tamén moi interesante, xa que con ela se fomenta a aprendizaxe interxeracional, poñendo en valor o coñecemento e a experiencia das persoas maiores como fonte de aprendizaxe viva, transmitindo saberes, tradicións e formas de facer que non sempre aparecen nos libros.





O alumnado aprende a escoitar, respectar e valorar outras xeracións, desenvolvendo competencias sociais e cívicas, mentres que a biblioteca se converte unha vez máis nun espazo de encontro e convivencia, que abre a escola ás familias e á comunidade, converténdose nesta ocasión nun lugar onde o Nadal se aprende, se sente e se comparte.






viernes, 19 de diciembre de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

Último día de clase e queremos pechar o trimestre cunhas recomendacións lectoras para que poidades pedir a Papá Noel ou aos Reis Magos. Animádevos a ler, viviredes moitas aventuras!

 

Pinchade nesta ligazón para ver as recomendacións:

https://www.canva.com/design/DAG77wPphDk/hAFCHsiMlmJGCzE9eWouJQ/view?utm_content=DAG77wPphDk&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=uniquelinks&utlId=h5ef2f1a6c2





jueves, 18 de diciembre de 2025

UNHA XORNADA MOI NAVIDEÑA NA BIBLIOTECA

Durante estes días tan especiais, a biblioteca do centro converteuse nun espazo cheo de creatividade, ilusión e espírito navideño grazas ao obradoiro de manualidades de Nadal no que participaron alumnos e alumnas de infantil e primaria acompañados das súas familias.

Ao longo da actividade realizáronse diferentes propostas: adornos colgantes para decorar, unha postal navideña cosida con la, unha árbore de Nadal e un Papá Noel de papel en 3D mediante a técnica de origami modular. Cada creación foi única, feita con agarimo e moita imaxinación.

 

Así, xogando e sen darnos conta, entre papeis, las de cores e rotuladores estamos a traballar e a fomentar diferentes competencias no noso alumnado:

  • Competencia en conciencia e expresións culturais (expresar ideas, sentir emocións e comprender as posibilidades de distintos materiais e técnicas plásticas)
  • Competencia social e de aprender a aprender (permite traballar en equipo, cooperar, respectar o ritmo dos demais e reflexionar sobre o propio proceso creativo, fomentar a autonomía persoal, a responsabilidade e o desenvolvemento emocional).
  • Competencia en comunicación lingüística (permite que o alumnado explique as súas obras, describa o proceso e comparta ideas en familia).
  • Competencia cidadá (a participación das familias favorece a idea de comunidade educativa, solidariedade e respecto mutuo; o feito de compartir tempo creativo fomenta empatía, colaboración e afectividade, valores clave no proceso educativo).
  • Competencia social e de aprender a aprender (o alumnado puido explorar diferentes materiais e técnicas, como o origami modular ou a costura con la, permitindo a experimentación, a resolución de problemas e a reflexión sobre as súas decisións, promovendo así o pensamento crítico e o gusto por aprender).

Por todo isto, queremos dar as grazas a todas as familias e ao alumnado pola súa participación e implicación. Actividades como esta lembran a importancia de compartir tempo en familia, de colaborar, crear e gozar xuntos, dando valor ao traballo feito coas nosas mans e á creación de momentos especiais que quedarán na memoria de todos.

 

BO NADAL E ATA O ANO QUE VÉN!













viernes, 12 de diciembre de 2025

CHEGOU O NADAL!

Queridos nenos e nenas, o Nadal xa está aquí e desde a biblioteca queremos celebralo convosco.

Convidámosvos a un obradoiro moi especial e creativo, con propostas para todas as idades. 

Agardámosvos o próximo mércores 17 de decembro!




viernes, 5 de diciembre de 2025

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Como cada ano, o 24 de outubro estamos de celebración, festexamos o Día das Bibliotecas escolares! A biblioteca “máis tola” do colexio abre por fin as súas portas. Nesta ligazón podedes volver a ler o manifesto do noso centro.

Ao igual que o coello tiña a súa toba, propoñémosvos o seguinte: achegádevos no recreo á nosa toba (biblioteca), escollede un libro (non pensedes demasiado, deixádevos guiar pola intuición como fixo Alicia co Coello Branco), abride a primeira páxina e caede no mundo do saber e da fantasía! 

Prometemos que a viaxe paga a pena!



DESCUBRINDO MARABILLAS

Aquí comeza a maxia... Este curso, a biblioteca do colexio convídavos a un ano de pura fantasía. Este curso, o noso proxecto anual está inspirado no conto Alicia no País das Marabillas.

O seu autor é Lewis Carroll, un británico moi polifacético que quixo contarnos nesta obra a viaxe dunha nena, Alicia, por un mundo sorprendente no que os animais e os obxectos falan e actúan.

Facendo clic aquí poderedes saber máis acerca do autor e, se preferides coñecer mellor a Alicia, achegádevos pola biblioteca, hai moito que descubrir. 

Nesta outra ligazón accededes directamente ao vídeo de presentación do proxecto de Alicia.

Bebédeme, comédeme, e sobre todo lédeme... !