martes, 14 de abril de 2026

O COLEXIO ÉNCHESE DE POESÍA

Á volta de Semana Santa, decataríaste ao pasear polos nosos corredores que ben podería parecer que estás a piques de sentar á mesa co Sombrereiro Tolo...

 

Grazas á colaboración do alumnado e das familias, o noso colexio transformouse nun auténtico escenario do País das Marabillas. As cuncas e teteiras que o alumnado levou para decorar na súa casa xa están de volta e locen espectaculares nas nosas paredes, tanto en infantil como en primaria. 

 


Cada unha delas garda un segredo: están cheas de versos, rimas e moita cor! Este "banquete literario" que propuxemos serve para recordarnos que: 

  • A poesía pode servirse en calquera recipiente.
  • A creatividade do noso alumnado non ten límites. 
  • Os corredores agora non só se percorren, lense! 

 

Moitísimas grazas por participar nesta actvidade tan especial para conmemorar o Mes da Poesía. Con cada cunca e teteira decorada, fixestes que o camiño cara ás aulas sexa un pouco máis máxico e poético. Non esquezades parar un segundo para ler as rimas que agochan!













No hay comentarios:

Publicar un comentario